venres, 29 de decembro de 2017

Cartoline di Natale per i nostri amici di Torino

Unha promesa é unha promesa; por iso antes de que comezasen as vacacións de Nadal, a clase de 2º de primaria escribíu e enviou felicitacións de Nadal aos seus compañeiros do Istituto Comprensivo Marconi Antonelli, o centro no que a súa titora, Antía Pousa, levou a cabo a segunda mobilidade Erasmus + deste proxecto.








Bravo, bambini!!

xoves, 14 de decembro de 2017

Christmas Postcrossing

Agora que se achega o Nadal, os alumnos de 2º e 4º da ESO, supervisados por Eva Pousa e Beatriz Nieto, as súas profesoras de inglés e de historia, veñen de participar nun intercambio de postais de Nadal en inglés con estudantes de Croacia, Grecia, Romanía, Turquía e Ucrania. Velaquí as tarxetas antes de ser enviadas!







Xa recibimos unha de Grecia e agardamos con ilusión recibir máis do resto de países. 
Congratulations on your great job! 
Para saber máis, visita o blog do proxecto Postcrossing!

domingo, 3 de decembro de 2017

Arrivederci, Torino!

A estadía de Antía Pousa no IC Marconi Antonelli está chegando á súa fin; antes de voltar a Ourense, Antía quixo compartir con nós estas fermosas instantáneas de lugares emblématicos de Turín: Mole Antolleniana, museo del risorgimento,basilica gran madre di dio,rio Po e vistas da cidade dende o Montei dei Cappucini.








Moitas grazas Antía por compartir a túa experiencia e grazie mille ao profesorado e alumnos do IC Marconi Antonelli por colaborar con nós neste ilusionante proxecto Erasmus+!



sábado, 2 de decembro de 2017

5ª xornada en Turín

Velaquí varias imaxes do 5º e último día da estadía de observación de Antía Pousa no IC Marconi Antonelli en Turín. Nesta ocasión, Antía visitou as aulas de 1º de primaria, ás que amosou o vídeo gravado polo coro e os libros de Ourense creados polos nosos alumnos de 1º. 









Moitas grazas ao profesorado do IC Marconi Antonelli por unha acollida excepcional e a Antía por compartir con todos nós esta fantástica experiencia! Boa viaxe de volta!

venres, 1 de decembro de 2017

Vídeoconferencia Ourense-Turín

A clase de 3º de primaria, acompañados pola súa teacher e o seu titor Quico, participaron nunha vídeoconferencia cos seus compañeiros do Istituto Comprensivo Marconi Antonelli en Turín, no que a profe de 2º, Antía Pousa, está a facer unha estadía Erasmus +.








Entusiasmados, os nenos de ambas clases se presentaron en inglés e intercambiaron información acerca das súas linguas, as súas cidades e as súas costumes; incluso adicáronse cancións! A nosa clase cantoulles unha canción en italiano e os nenos de Turín cantaron unha en inglés. Foi unha excperiencia increíble! Grazas as profes de alá e daquí por facer isto posible!!

4ª xornada en Turín

Antía Pousa ven de compartir varias imaxes do seu 4º día no IC Marconi Antonelli. Asistíu as aulas de 6º de primaria, onde puido comprobar o ben que traballan as emocións e a expresión oral, e foi convidada a ver unha exposición con ilustracións dos alumnos sobre obras de Picasso, son preciosas!









Tamén visitou aos alumnos de 3º de primaria, aos que lles explicou costumes propias da nosa terra como o Entroido e convidou a participar nunha vídeoconferencia cos nosos alumnos de 3º da que podedes ver imaxes na próxima entrada.


xoves, 30 de novembro de 2017

3ª xornada en Turín

A nosa profesora de 2º de primaria, Antía Pousa, comparte con nós varias imaxes do seu 3º día no Istituto Comprensivo Marconi Antonelli en Turín. Acompañada pola coordinadora Erasmus Monica Battaglia, foi recibida pola directora do centro, Paola de Faveri, a quen lle entregou un libro bilingüe sobre Galicia e unha tarxeta de agradecemento en nome de toda a comunidade educativa.



Antía tamén visitou aulas de 1º e 4º de primaria, ás que lle amosou o vídeo grabado polo coro e que as que decidiron cantar dúas cancións en italiano para nós. 







Antía tamén puido contemplar os fantásticos traballos elaborados polos alumnos desta escola italiana.



Grazas de novo Antía por manternos ao día desta enriquecedora experiencia!