xoves, 29 de xuño de 2017

1ª sesión informativa co claustro

Logo da participación de Bea Nieto no IV Encuentro nacional de proyectos de Acción Clave 1 (KA1) -Movilidad para el Aprendizaje del Personal de Educación Escolar (KA101), a comisión de seguemento do noso proxecto Erasmus + K1 orginazou a primeira sesión informativa entre o profesorado do centro.



Foron dúas horas intensas e ilusionantes durante as que se proporcionou información clave sobre os obxectivos do proxecto, os ámbitos de actuación, as mobilidades, as actividades a realizar antes, durante e despois de cada mobilidade, os centros colaboradores e o impacto esperado.
A fin de curso está próxima así que retomaremos a actividade na data de inicio do proxecto, o mércores, 6 de setembro.
Feliz verán a todos!


luns, 26 de xuño de 2017

IV Encuentro nacional de proyectos de Acción Clave 1 (KA1) en Valladolid

A coordinadora do noso proxecto, Beatriz Nieto, xa está en Valladolid para asistir ao IV encuentro nacional de proyectos de Acción Clave 1 (KA1) - Movilidad para el Aprendizaje del Personal de Educación Escolar (KA101) y de Educación de Personas Adultas (KA104).


Trátase de dúas xornadas de formación (26 e 27 de xuño) nas que Beatriz poderá familiarizarse coa xestión e desenvolvemento dun proxecto Erasmus + de mobilidade para o profesorado así como coñecer a docentes doutros lugares de España para compartir información e intercambiar experiencias. Podes consultar o programa do encontro nesta ligazón.
Sen dúbida unha estupenda maneira de prepararse para o inicio do noso proxecto o vindeiro 6 de setembro.





Grazas ao SEPIE e a ANE por esta oportunidade!


venres, 23 de xuño de 2017

Cartaz e folleto

Xa temos listo o deseño do cartaz e dos folletos informativos do noso proxecto Erasmus +. En breve disporemos das copias impresas que vos entregaremos en setembro. Agardamos vos guste!

Calendario de actividades

Xa temos listo o calendario de actividades do noso proxecto Erasmus Acción Clave K1.

Aquí poderás consultar todas as datas relevantes a partir do inicio do proxecto, o 6 de setembro de 2017, ata a súa data de finalización, o 5 de setembro de 2018.

luns, 19 de xuño de 2017

Xa coñeces o noso proxecto Postcrossing?

Comprácenos presentarvos unha iniciativa interdisciplinar en inglés no que participarán alumnos e profesores dos centros colaboradores no noso proxecto Erasmus +:



Trátase de “From Ourense to the World: Postcrossing at Padre Feijoo-Zorelle” (Desde Ourense para o mundo: Postcrossing no colexio Padre Feijoo-Zorelle), un proxecto que puxemos en marcha en setembro de 2015 no que alumnos e profesores de varios niveis intercambian tarxetas postais con persoas de calquera punto do planeta. O envío e recepción de tarxetas é só o primeiro paso do proxecto; quizais o aspecto máis interesante sexa a busca e difusión de información acerca dos lugares de orixe e procedencia das tarxetas e, por suposto, acerca de Ourense e provincia.




Grazas a Postcrossing podemos:
  • Mellorar a competencia en inglés do alumnado e do profesorado.
  • Reflexionar sobre o valor do inglés como lingua internacional.
  • Ampliar os coñecementos de xeografía física e política dun xeito motivador e auténtico.
  • Ampliar a competencia cultural e fomentar o respeto pola diferencia ao tempo que investíagse sobre a cultura e tradicións dos lugares de orixe e destino das postais.
  • Dar a coñecer Ourense e a súa provincia.
  • Valorar o patrimonio cultural e natural de Ourense.

Para saber máis, visita o blog do proxecto!

Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer posible este ilusionante proxecto e HAPPY POSTCROSSING!!




mércores, 7 de xuño de 2017

O noso proxecto en inglés

Click here to read a description of our Erasmus + K1 project in English.
(A Comisión Europea ven de publicar a descrición do noso proxecto en inglés, podes atopala aquí. Non deixes de lela!)

Thanks a million!

Centros colaboradores

3 centros educativos colaborarán connosco no desenvolvemento deste proxecto Erasmus+:


Este centro situado en Turín, Italia, abrangue as etapas de primaria e secundaria e conta cun total de 754 alumnos e un equipo docente de 92 profesores. O Istituto conta cunha dilatada experiencia no programa Erasmus + e ofrece medidas de atención á diversidade relacionadas coa música, o deporte e as TIC. É pioneiro na posta en marcha de programas de prevención do bullying e desde 2015 conta con selo de calidade de Marchio (S.A.P.E.R.I.) sobre servizos, ensino, igualdade, ética e inclusión.



Este centro situado en Londres, Reino Unido, ofrece ensino secundario alumnos con idades comprendidas entre os 11 e os 19 anos. Fundada en 1703 conta cunha extensa experiencia na excelencia académica, na innovación docente e na xestión e mellora da calidade educativa.




Escola secundaria situada no centro de Braunschweig, Alemaña. O centro conta con case 350 alumnos de idades comprendidas entre 10 e 17 anos, e un equipo docente de 23 profesores, especialidados na orientación educativa e na implementación de medidas de atención á diversidade sociocultural e aos diferentes perfís de aprendizaxe.

martes, 6 de xuño de 2017

Mobilidades

O noso proxecto Erasmus + K1 para a mobilidade do profesorado consta de 7 mobilidades a 5 países que se clasifican en dúas categorías:
Estadías de observación, nas que o profesorado viaxará a centros educativos para observar, importar e exportar boas prácticas docentes
Eventos de formación, aos que asistirá o profesorado para aprender sobre calquera dos catro ámbitos de actuación en torno aos que xira o noso proxecto.
MOBILIDADE 1


Título: School Development and Quality Evaluation and Enhancement
Datas: 8-15 de outubro de 2017
Descrición: Realización e aproveitamento dun curso sobre xestión en calidade en centros educativos. O profesor participante recibirá formación sobre este ámbito e terá a oportunidade de visitar centros británicos de primaria e secundaria para analizar o seu sistema de xestión e exportar boas prácticas.

MOBILIDADE 2


Datas: 27 de novembro ao 1 de decembro de 2017
Descrición: O profesor participante colaborará cunha escola en Turín que conta cunha dilatada experiencia en proxectos Erasmus+ e en programas de inclusión educativa. Observará a docencia e a xestión do centro e convidará aos alumnos e profesores a participar no proxecto Postcrossing e nunha vídeo-conferencia co noso centro.

MOBILIDADE 3
Estadía de observación no Bacon’s College en Londres, Reino Unido


Datas: 19-23 de febreiro de 2018

Descrición: O profesor participante colaborará cunha escola en Londres, un centro pioneiro na innovación docente no Reino Unido. Observará a docencia e a xestión do centro e convidará aos alumnos e profesores a participar no proxecto Postcrossing e nunha vídeo-conferencia co noso centro.

MOBILIDADE 4
Estadía de observación no Realschule George-Eckert en Braunschweig, Alemaña


Datas: 5-9 de marzo de 2018
Descrición: O profesor participante colaborará cunha escola en Braunschweig, un centro con ampla experiencia en medidas de atención á diversidade e de inclusión educativa. O participante observará a docencia e a xestión do centro e convidará aos alumnos e profesores a participar no proxecto Postcrossing e nunha vídeo-conferencia co noso centro.

MOBILIDADE 5


Título: 52nd Annual International IATEFL Conference
Datas: 10-13 de abril de 2018
Descrición: Asistencia e aproveitamento dun congreso internacional dirixido a profesores de inglés como lingua estranxeira. O profesor participante terá a oportunidade de asistir a conferencias plenarias e de participar en mesas redondas e obradoiros para familiarizarse cos últimas tendencias neste eido.

MOBILIDADE 6


Título: Innovative Approaches to Teaching
Datas: 30 de abril ao 5 de maio de 2018
Descrición: Realización e aproveitamento dun curso sobre innovación educativa. O profesor participante recibirá formación sobre este ámbito e terá acceso e colaborará na ampliación dun banco de materiais e ferramentas para o seu empleo na aula.

MOBILIDADE 7


Título: Approaching Multicultural Issues and Mixed-Ability Classes
Datas: 13-18 de agosto de 2018
Descrición: Realización e aproveitamento dun curso sobre a atención á diversidade e ao talento individual. O profesor participante recibirá formación sobre as clases diversas e con diferentes habilidades, a superación de estereotipos e a atención a diversos estilos de aprendizaxe; e terá acceso e colaborará na ampliación dun banco de materiais e ferramentas para o seu empleo na aula.


luns, 5 de xuño de 2017

Alumnos de 4º da ESO, gañadores de Euroscola 2017!

Boas novas!

“Fuera Miedos”, o traballo de tres alumnos de 4º da ESO e supervisado pola coordinadora do noso proxecto Erasmus, Beatriz Nieto, ven de ser elixido como gañador autonómico do Concurso Euroscola, unha iniciativa convocada pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España, en colaboración coa Representación en España da Comisión Europea, a Secretaría de Estado para a Unión Europea (Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación) e nesta ocasión coa colaboración especial da Embaixada de Italia.




A finalidade desta convocatoria está en moi estreita relación cun dos catro ámbitos de actuación do noso proxecto Erasmus +, en concreto coa potenciación da dimensión e o sentir europeos xa que Euroscola persegue “reflexionar con los jóvenes sobre el proceso de transformación de la Unión Europea en espacio de libertad, justicia y seguridad a lo largo de estos 60 años; valorar lo que hemos alcanzado y analizar los desafíos actuales”.


Grazas a este premio, os alumnos de 4º da ESO e dous profesores viaxarán o vindeiro 27 de outubro a Estrasburgo para representar a Galicia no Europarlamento.  Todos eles podrán vivir de cerca o que implica o proxecto de integración europea e se convertirán por un día en eurodiputados, participando en debates sobre temas de interese para a xuventude e compartindo a experiencia con outros xoves de diferentes comunidades autónomas y doutros Estados membros da UE. Ademais, presentarán en inglés e francés o colexio e Galicia como parte do intercambio cultural.
De seguro será unha experiencia inesquecible!

Velaquí algunhas imaxes do acto de entrega de premios celebrado hoxe, no que contamos coa presenza de Cecilia Vázquez,directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e de Marisol Díaz, xefa territorial da consellería de cultura, educación e ordenación universitaria.



Ambas felicitaron ao equipo gañador e destacaron a orixinalidade do traballo. “As aspiracións e os valores que defenden e que nos trasladan en apenas un minuto de traballo audiovisual poden e deben ser compartidos por todos os que defendemos unha Europa más inclusiva, máis integradora e máis solidaria, e que eses desexos de valentía e liberdade sexan transmitidos por unha xeración que xa os ten asumidos no seu ADN consegue que miremos o futuro europeo con máis esperanza”, sostivo a directora xeral, que animou a non “baixar a garda para non dar pasos atrás”.

Moitos parabéns!


venres, 2 de xuño de 2017

Plan de Desenvolvemento Europeo

Xa está disponible en liña o Plan de Desenvolvemento Europeo do noso centro, un plan de mellora a longo prazo cuxo deseño foi determinante na concesión da axuda Erasmus +. Podes lelo a continuación ou facendo clic aquí.