mércores, 30 de maio de 2018

Charla informativa sobre o sistema educativo finés

Logo da participación nun curso de innovación educativa en Helsinki, Bea Nieto ven de dar unha inspiradora charla na que analizou as claves do éxito da educación en Finlandia: o valor da educación na sociedade, o respecto social polo profesorado, un enfoque baseado na aprendizaxe aplicada e unha mentalidade que cre no potencial do individuo e do traballo colaborativo.














As súas conclusións son froito non só do aprendido no curso senón tamén da súa visita a centros educativos en Helsinki e do intercambio de experiencias con profesores fineses e doutros países europeos.
Moitas grazas Bea!

mércores, 16 de maio de 2018

Entrevista a María José Gil sobre a súa estadía en Brighton, Reino Unido


María José Gil ven de compartir con nós a súa experiencia en Brighton, Reino Unido, logo de participar no IATEFL 2019 . Non deixes de ler esta entrevista. Grazas, María José!


Tipo de mobilidade: curso de formación
Institución de acollida: IATEFL
Duración: 4 días
Lugar: Brighton, Reino Unido

Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Participei no LII Congreso Internacional de IATEFL, a asociación internacional de profesores de inglés como lingua estranxeira, un encontro de 4 días de duración e con máis de 500 actividades a elixir onde profesores e investigadores intercambiamos información, experiencias e opinións acerca do ensino deo inglés. Participei activamente en conferencias plenarias, ponencias e obradoiros a través da toma de notas e fotografías para a súa posterior documentación, formulando preguntas e colaborando con outros participantes na realización de tarefas propostas nos obradoiros.

Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Entre os contidos tratados ao longo do congreso, destacaría pola súa relevancia os seguintes: – O ensino de inglés para fins académicos e específicos – A avaliación e certificación de competencias – O fomento da autonomía na aprendizaxe – O teatro na aula de idiomas – A imaxe como recurso -Técnicas para mellorar a comprensión oral e escrita e a pronuncia – A importancia da motivación no ensino e na aprendizaxe Todos os contidos tratados resultáronme útiles. Os contidos das conferencias plenarias axudáronme a reflexionar acerca da miña realidade docente mentres que a miña participación nos obradoiros e ponencias foi tremendamente inspiradora.

Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A miña participación neste evento foi una experiencia 100% positiva. Ademais de permitirme afondar nos achádegos máis recentes no eido do ensino e aprendizaxe de inglés como lingua estranxeira, foi una oportunidade única para coñecer a docentes e investigadores de diferentes punto do planeta e de intercambiar con eles información e opinións acerca da nosa profesión.

Como cres que podería mellorar?
O congreso foi exemplar no relativo á acollida, señalizacións, acceso e instalacións, temporalización e puntualidade, trato e actividades culturais. A selección de temas e o deseño do programa tamén foi impecable e incluso habilitaron unha aplicación informática para planificar o noso aproveitamento do evento. Por iso, máis que destacar aspectos a mellorar, gustaríame sinalar que a asistencia ao congreso foi una aprendizaxe en sí mesma no que se refire a organización de eventos.

Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Creo que moitas das prácticas docentes que observei poden ser extrapolables ao noso día a día de forma doada e que conducirían a unha melloría nos catro ámbitos do proxecto: xestión, inclusión, innovación e internacionalización.

En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?

Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Animaríaos encarecidamente a participar neste tipo de modalidades xa que constitúen unha experiencia moi enriquecedora a nivel profesional e persoal. É unha oportunidade única de coñecer novos sistemas e novas formas de traballar, de dar a coñecer á escola de idiomas ao mundo e de reflexionar e buscar respostas conxuntas aos novos retos no ensino e aprendizaxe de linguas.

mércores, 9 de maio de 2018

Charla sobre a estadía en Brighton

Logo da súa participación no 52º Congreso da Asociación Internacional de Profesores de Inglés como Lingua Estranxeira, a teacher María José Gil, impartíu unha charla aos alumnos de 2º ESO sobre a súa experiencia e sobre os aspectos culturais máis chamativos de Brighton, o lugar de celebración.






Thanks a million, María José!

mércores, 2 de maio de 2018

martes, 1 de maio de 2018

2ª xornada en Helsinki

Beatriz Nieto ven de participar nunha interesante sesión que revisa enfoques pedagóxicos actuais, en concreto a aprendizaxe baseada en preguntas, en tarefas e proxectos e na resolución de problemas. Foi, en palabras de Bea, unha oportunidade de reflexionar con docentes de diferentes partes de Europa acerca das vantaxes e retos de cada enfoque e de deseñar en conxunto ferramentas para aplicalos á práctica docente real de cada un deles.







Grazas de novo por compartir!